'

  • A ORIENTADORA
  • A MIÑA FUNCIÓN
  • CONTACTO

Orientación


  • Moitas actividades e moi divertidas para escoller. Os máis pequenos están de sorte!

    AQUÍ
    Continue Reading

    Para facilitar a aprendizaxe a distancia durante as semanas de peche dos centros educativos, estas plataformas educativas ofrecen todo o seu contido didáctico e recursos para docentes e para familias de forma gratuíta.
    ENTRA
    Continue Reading


    Esta é unha fonte de recursos inesgotable para toda a comunidade educativa, elaborada polo profesorado galego de xeito altruísta. Ademáis de incluír tódolos niveis e materias, abrangue a educación emocional, o amor pola lectura e mesmo un recanto especial para os nosos MAIORES.
    PREME AQUÍ
    Continue Reading

    Seguramente xa se empezan a esgotar as nosas ideas de xogo cos máis pequenos... Velaí unha axudiña!

    xoguemos!!
    Continue Reading

    Hoxe 27 de marzo, ás 20:00h, estrénase un especial de 60 minutos, que reúne os momentos máis especiais de tres dos seus icónicos espectáculos: Kurios -Cabinet of Curiosities-, O y Luzia, dirixidos ao público de tódalas idades.
    Entradas
    Continue Reading

    A partir de hoxe, o noso querido alumnado poderá escoitar unha incrible colección de historias en seis idiomas diferentes, que os axudará a seguir soñando mentras aprenden. É de balde.

    ESCOITA AQUÍ
    Continue Reading

    O noso queridísimo profe Ico do CEIP Plurilingüe de Luíntra vainos contar o conto da SELVA con moitísima arte e salero. Desfrutade!!
    VER O CONTO DE ICO
    Continue Reading

    Nais e Pais: estes días de confinamento poden traer rozamentos na relación cos fillos e fillas. A psicóloga Helena Alvarado e o terapeuta Mauro Bólmida van asesorarnos a través dun SEMINARIO GRATUÍTO este venres 27 de marzo as 19.15 horas. 
    Dádevos présa, as prazas voan!

    inscrición
    Continue Reading



    1. Dividir unha tarefa grande en tarefas pequenas

    Unha tarefa grande require demasiada concentración e disciplina, crea resistencias, así que sería unha idea boa dividila en tarefas máis pequenas, co que se consigue unha sensación de progreso

    2. Reducir distraccións

    Ser especialmente precavido coa música alta, a televisión, o son das mensaxes de whatsapp, ruídos, e calquera outra cousa que poida distraer a atención.

    3. Facer os deberes á mesma hora cada día

    Repetindo a mesma actividade cada día na mesma hora, faise o hábito. A mente saberá que o tempo para deberes chegou, e o rapaz ou rapaza vai estar máis aberto a estudar. No mesmo sitio a poder ser: zona tranquila, cómoda e ben iluminada.

    4. Posibilitarlles bastante actividade física

    Algunha actividade física como correr, bricar, subir escaleiras, mesmo Ioga,  serve de desconexión e brinda enerxía extra para enfrentarse despois ao traballo duro.

    5.  Marcar un tempo para a finalizar un obxectivo

    Hai que marcar un tempo para rematar a tarefa: 20 min, 40 min... depende da idade e da dificultade. Debe ser axustado para non agobiar aos rapaces nin demasiado extenso como para aburrilos. 

    6. Deixar algún tempo antes de empezar unha nova tarefa

    Que lle dea tempo a imaxinar o seguinte que ten que facer e a maneira en como se vai organizar.

    7. Subliñar, facer esquemas e resumir

    Estas tarefas axudan moito aos nenos que se distraen con facilidade e non son capaces de soster a concentración.

    8. Aumentar a motivación con comentarios positivos

    A estas idades, ademáis, é fundamental que o neno aprenda a autorreforzarse, é dicir, que el mesmo se felicite polo traballo ben feito á vista dos resultados.

    9. Traballar con exercicios creativos

    Exercicios variados, non repetitivos, rechamantes e novos. Estes chamarán a atención do neno e manterano concentrado e atento. É máis probable que o neno estea atento se non facemos  sempre o mesmo tipo de actividades. 

    10. Exemplos de xogos e exercicios  

    Os crebacabezas, copiar debuxos para fixarse nos detalles, mandalas, labirintos, sopas de letras, xogos de memoria e de parellas, aprender letras de poemas, cancións, trabalinguas, buscar diferenzas, debuxos con números, naipes, dominó, xogos de mesa, debuxos abstractos, puzzles...


    Continue Reading


    Neste vídeo de Guiainfantil.com a nosa compañeira fálanos brevemente sobre as diferenzas entre nenos distraídos e inquedos (minuto 1.00) e móstranos trucos e xogos para mellorar a concentración dos máis cativos (desde o minuto 1.40 ata o minuto 6.30).

    Espero que vos sirva como complemento ameno do artigo anterior.

    Imos ao vídeo
    Continue Reading


    Os contos con valores son unha ferramenta fundamental para que os máis pequenos aprendan valores como a humildade, a empatía e o esforzo.
    Os contos con valores que ofrece Audio Cuentos Infantiles son adecuados para todo tipo de nenos e nenas, e supoñen unha axuda para explicarlles situacións da vida cotiá e dilemas morais que vaian xurdindo.
    Os valores tamén son unha parte fundamental da Acción Titorial, moi presente na actuación diaria dos profes no cole.

      PREME AQUÍ
    Continue Reading
    O Colexio de Psicólogos de Madrid difunde este entretido conto para explicar o coronavirus aos nenos e nenas de entre 4 e 10 anos.

    Ler


    Continue Reading
    Esta é unha Guía do Concello de Tres Cantos, que ordena un pouco as actividades que nos están a ofrecer estes días dun xeito claro e sinxelo: visita a museos, pelis, libros, ópera, talleres, xogos... Veña, imos desfrutar!


    Se queres empezar, preme aquí
    Continue Reading
    Newer
    Stories
    Photo Profile
    Pequenas aportacións ao eido da orientación escolar


    recent posts

    Blog Archive

    • abril 2021 (1)
    • junio 2020 (25)
    • mayo 2020 (41)
    • abril 2020 (39)
    • marzo 2020 (13)

    Archivo del blog

    • ►  2021 (1)
      • ►  abril (1)
    • ▼  2020 (118)
      • ►  junio (25)
      • ►  mayo (41)
      • ►  abril (39)
      • ▼  marzo (13)
        • 110 recursos TIC e actividades interactivas para E...
        • Plataformas educativas que desde hoxe son gratuítas
        • MARABÍLLATE. AULAS GALEGAS. UN UNIVERSO DE APREN...
        • 70 ideas fáciles para xogar con nenas e nenos dent...
        • EL CIRCO DEL SOL. BUTACAS EN PRIMERA FILA
        • AUDIOLIBROS. SOÑAR E APRENDER
        • ESTE CONTO COMO MOLA!!
        • QUEDAN POUCAS PRAZAS!!! MANUAL DE SUPERVIVENCIA PA...
        • Consellos para axudar a aumentar a concentración d...
        • TRUCOS PARA MELLORAR A CONCENTRACIÓN DAS NENAS E N...
        • 50 contos de valores e sabiduría. Contos para pens...
        • CONTO: Rosa contra o Virus
        • Manual de supervivencia en illamento e non morrer ...

    Created with by BeautyTemplates | Distributed By Gooyaabi Templates

    Back to top