Consellos para axudar a aumentar a concentración das nenas e nenos

marzo 24, 2020




1. Dividir unha tarefa grande en tarefas pequenas

Unha tarefa grande require demasiada concentración e disciplina, crea resistencias, así que sería unha idea boa dividila en tarefas máis pequenas, co que se consigue unha sensación de progreso

2. Reducir distraccións

Ser especialmente precavido coa música alta, a televisión, o son das mensaxes de whatsapp, ruídos, e calquera outra cousa que poida distraer a atención.

3. Facer os deberes á mesma hora cada día

Repetindo a mesma actividade cada día na mesma hora, faise o hábito. A mente saberá que o tempo para deberes chegou, e o rapaz ou rapaza vai estar máis aberto a estudar. No mesmo sitio a poder ser: zona tranquila, cómoda e ben iluminada.

4. Posibilitarlles bastante actividade física

Algunha actividade física como correr, bricar, subir escaleiras, mesmo Ioga,  serve de desconexión e brinda enerxía extra para enfrentarse despois ao traballo duro.

5.  Marcar un tempo para a finalizar un obxectivo

Hai que marcar un tempo para rematar a tarefa: 20 min, 40 min... depende da idade e da dificultade. Debe ser axustado para non agobiar aos rapaces nin demasiado extenso como para aburrilos. 

6. Deixar algún tempo antes de empezar unha nova tarefa

Que lle dea tempo a imaxinar o seguinte que ten que facer e a maneira en como se vai organizar.

7. Subliñar, facer esquemas e resumir

Estas tarefas axudan moito aos nenos que se distraen con facilidade e non son capaces de soster a concentración.

8. Aumentar a motivación con comentarios positivos

A estas idades, ademáis, é fundamental que o neno aprenda a autorreforzarse, é dicir, que el mesmo se felicite polo traballo ben feito á vista dos resultados.

9. Traballar con exercicios creativos

Exercicios variados, non repetitivos, rechamantes e novos. Estes chamarán a atención do neno e manterano concentrado e atento. É máis probable que o neno estea atento se non facemos  sempre o mesmo tipo de actividades. 

10. Exemplos de xogos e exercicios  

Os crebacabezas, copiar debuxos para fixarse nos detalles, mandalas, labirintos, sopas de letras, xogos de memoria e de parellas, aprender letras de poemas, cancións, trabalinguas, buscar diferenzas, debuxos con números, naipes, dominó, xogos de mesa, debuxos abstractos, puzzles...


You Might Also Like

0 comentarios